martes, 27 de marzo de 2012

MARZO: FELIZ DÍA DO PAI!

Quixemos celebrar o día do pai... por iso, elaboramos, coa axuda da Profe Eva, unhas postais para as nosas familias, que entregamos no 19 de marzo.
Esperamos que foran unha boa sorpresa na casa!

Mirade que chusqueiras!



A voz de Brenda le un poema extraído da páxina web "Menudos Peques"

lunes, 19 de marzo de 2012

FACEMOS UN CURTO?

Iniciamos hoxe unha nova experiencia. Imos facer un curto en varios capítulos. A partir deste, que é o inicial, os nenos de primeiro ciclo irán desenvolvendo unha historia... que ten lugar en... vaia... que planeta tan raro!!!

Mirade isto... e iremos colocando os seguintes capítulos aquí...

Capítulo 1 (19/03/2012)

GoAnimate.com: Cooidando o Planeta (1) by susana.guitiriz

lunes, 12 de marzo de 2012

ÚLTIMAS NOVAS

Hoxe o alumnado de Primeiro ciclo de primaria é protagonista no diario virtual. Escoita a nova e disfruta connosco.

SER PROFESOR HOXE


SER PROFESORA HOXE

Sobre como enfrontar unha tarefa de formación permanente...

Era unha tarde de luns... tranquila... Logo da xornada laboral, tiña que superar unha proba escrita para un curso que estaba a facer... Pero... Crash!...Sentín un tremendo estrondo... Os pelos da miña cabeza convertéronse en verdadeiros alfinetes... Á defensiva!...
Escaleiras arriba non sabía, xa, se a miña tarde de formación continuada como profesora era acorde con aqueloutro espíritu aventureiro que me levaba, lonxe dos libros, a vivir experiencias terroríficas...
E alá ía eu... calzada coas zapatillas silenciosas e todo o medo do mundo escondido no valor que dá a imprudencia.
Na porta do faiado, cravada cunha chincheta, estaba aquela nota:

“Si sois un maestro,
tomad un cabestro
diestro como el que más.
Soplad en un vaso
de raso y de paso.
¡Qué paso tan infernal!”
Michael Ende “El ponche de los deseos” (1)

Abrín a porta, a nota era claramente para min... Non pisou a miña casa mestre ningún, agás eu, nas últimas seis xeracións, e alí... alí estaba aquel pote a ferver... arrodeado de frascos cheos de...

Collín seis culleradas de palabras explicativas, engadinas con coidado a aquel férvelle – férvelle. Inspirada polo sopro no vaso de raso, elexín o frasco da imaxinación concentrada e botei un bo pelisco que fixo, do momento, un pracer aromático. Na percura dunha solución máis espesa, mesturei boas cantidades de soños a cumprir, flores secas dos desexos e un par de patas de ra que quedaban nos andeis. Aquel caldo arrecendía que daba gloria!
Deixeino ferver un pouco máis, engadindo, agora, un chorriño de paciencia e un bo grolo dun líquido verde que rezaba nunha botella así “Esperanza de ser comprendido”.
Eses dous ingredientes, en combinación co paso de 5 minutos de cocción lenta e xiros de 360º, a modiño, da miña culler de madeira, deron nun alimento arrecendente e nutritivo, cun aspecto semellante en aroma, cor e textura ás natillas da miña avoa... e, tamén, como non, a esta mostra imaxinativa que traducín en palabras e que, como di a canción, “só lograrán ser debuxo inexacto” (Presuntos implicados, “No hay palabras” ) do que na tardiña do luns aconteceu cando subín ao faiado.

(1) ENDE, M (1989): El ponche de los deseos. SM. Madrid. (p. 136)
(2) Sitio web al que pertenece esta imagen: Diario de una mamá pediatra.

domingo, 11 de marzo de 2012

MARZO: AO TEATRO

O día 7 de Marzo viaxamos ata o Colexio de Cesuras para ver alí unha obra de teatro en inglés. A actividade foi para todos os nenos de primaria.
A obra de teatro titulábase Mulan e... ben, xa sabedes de que ía...
Días antes, a profe de inglés estivo traballando connosco todo o vocabulario, as cancións e o argumento... así que... entendimos todo!!
Mirade que divertida foi:

domingo, 4 de marzo de 2012

MARZO: CUMPREANOS



En pouquiños días tivemos que celebrar dous cumpreanos!!
Sheila e Nuria decidiron facerse un ano maiores e... vaia se o celebramos!!!
Desexámosvos un ano fantástico e moitas, moitas ganas de estudar e divertirvos!!
Felicidades!!!

MARZO: Animación á lectura

A Biblioteca do cole organizou unha sesión de contacontos xunto coa Editorial Kalandraka.
Todos os nenos disfrutamos dunha sesión de contos, música e risos. FOi divertidísimo!
Mirade as imaxes do día: