miércoles, 6 de junio de 2012

XUÑO: Explorando o colexio

Esta vez, coa axuda doutros nenos, fixemos un percorrido polo colexio. Tratábase de "explorar" a nosa rede eléctrica: barras fluorescentes, número de enchufes, aparellos eléctricos utilizados...
Foi interesante e serviunos para comprobar cómo nos movemos cun plano do colexio nas mans e tamén para situar nel o que na realidade vemos.

Despois fixemos un gráfico estatístico para recoller toda a información.

MAIO: A MEDIRSE TOCAN!

Que altos somos!
Esta semana estivemos a medirnos e a facer un estudo estatístico das nosas estaturas.
Foi divertido!

De aquí a fin de curso veremos se podemos cambiar a nosa marca. Haberá que alimentarse ben!

jueves, 17 de mayo de 2012

MAIO: XOGOS COOPERATIVOS

No mes de maio, os nenos de primeiro ciclo xunto cos de Infantil participamos nunha sesión de Xogos Cooperativos organizada no Colexio.
Aprendimos a xogar e pintar colaborando, en experiencias nas que ninguén perde e todos gañamos só se axudamos e participamos.
Foi divertido.
Os murais que aparecen no video foron creados entre todos, por quendas. Quedaron ben bonitos!!

martes, 15 de mayo de 2012

MAIO: IDENTIFICANDO ÁRBORES

Os nenos do primeiro ciclo saímos a identificar as árbores que nos quedaban máis perto da escola. O traballo consistiu no seguinte:

Temos tres tipos de árbores dentro ou perto do recinto escolar. Dispoñemos de fichas de 5 tipos de árbore, entre as que se encontran os tres que imos identificar.
Temos que ler moi ben a guía e, a partir desa lectura e por observación, descubrir de que árbores se trata.

GUÍA DE OBSERVACIÓN:

RESULTADO DA IDENTIFICACIÓN:

IMAXES DO PROCESO:

domingo, 13 de mayo de 2012

17 DE MAIO: DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O 17 de Maio é un día grande para os galegos, pois é o día das nosas letras. Este ano, o homenaxeado é Valentín Paz Andrade, escritor en galego e castelán. Foi abogado, e activo loitador dos dereitos galeguistas, incluíndo a dirección dun xornal desta ideoloxía. Moi coñecida foi tamén a súa faceta empresarial, pois foi impulsor de industrias pesqueiras do calado de Pescanova e asesor de economía pesqueira. A súa paixón pola democracia levouno a participar en comicios como resultado dos cales saíu Senador por Pontevedra en 1977.
Escribiu ensaios de corte político e social, ensaios técnicos sobre pesca e economía pesqueira e poesía. Foi, tamén, xornalista en diferentes xornais e revistas.


Como celebramos nós o 17 de Maio:

Luns 14 de Maio: Día adicado a coñecer ao autor:
Quen foi o autor, lectura de algunha das súas poesías, traballo sobre fichas
1. Buscando información:


2. Procesando información: O caderniño do primeiro ciclo

Open publication - Free publishing - More educacion

3. Mira o video e coñecerás un pouco mellor a Valentín Paz Andrade



Martes 15 de Maio: De paseo pola escola, buscando a Valentín

Mércores 16 de Maio:
Participación nas actividades da escola

CONTACONTOS: Participación activa nos contos: "O patiño feo", "O xastre valente" e "Os tres porquiños"

MAIO: AO ACUARIO!!

O día 7 de Maio fomos de viaxe ao Acuario, na Coruña. Foi un día intenso, de descubrimentos e diversións.


Aprendimos moito sobre os peixes e vimos imaxes preciosas, que aquí compartimos convosco.


Xa no cole, vimos "Buscando a Nemo" e traballamos sobre especies e formas de vida que coincidían na peli e no que aprendimos na visita.

Estes son os vídeos da saída:
Nós no Acuario

Os peixes do Acuario
 
Estes son os traballos da saída:
Visionado da película "Buscando a Nemo"


Cuestionario da película


Mural de Nemo.

martes, 8 de mayo de 2012

MAIO: DÍA DA NAI

Os alumnos de primeiro ciclo elaboraron caderniños con follas reutilizadas para regalar ás súas nais no día de conmemoración. Estes cadernos levaban unha portada decorada a man e estaban encadernados polos propios nenos, como podes ver no video.
Parabéns polo ben que quedaron e... por aprender a facer fermoso o coidado ao medio ambiente.

MAIO: REMATADA A DECORACIÓN PRIMAVERAL

Así decidimos recibir e vivir esta estación alegre... Aínda que tras da xanela haxa chuvia, nós temos a cor e a alegría da primavera na clase.
Os traballos dos nenos coas profes quedou ben interesante:


domingo, 22 de abril de 2012

ABRIL: Lectura das vacacións


Durante as vacacións de Semana Santa, os nenos do primeiro ciclo, limos "Tucho Despistes". É un libro en poesía moi chulo que nos conta o que lle pasa a Tucho, un neno moi, moi despistado.

Á volta das vacacións, temos que traballalo na clase e, para iso facemos todas estas actividades:


1. O MURAL DE TUCHO DESPISTES

O proceso de creación



sábado, 21 de abril de 2012

ABRIL: DÍA 23, DÍA DO LIBRO

Este ano, o Día do Libro será especial para nós, porque iniciaremos a creación do Libro Viaxeiro da nosa Infancia.

Esta actividade, que compartiremos cos nosos compañeiros portugueses no proxecto eTwinning (ver blogue), consistirá no seguinte:

Creamos unha carpeta que viaxará por cada unha das nosas casas, alí, cada familia, contará nun folio quen era seu fillo de pequeniño, como era e, especialmente, o que significaba para eles a súa presencia.

Con todas as follas, de todas as familias, encadernaremos un libro, ao final, que será o libro da nosa infancia.

Perseguimos constituír a nosa personalidade dentro do grupo, ser quen de nos coñecer individual e grupalmente... e tamén, como non, incluír as familias neste pequeno proxecto de educación integral.

Aquí iremos incluíndo todas as novidades:

1. ACTIVIDADE INICIAL: Redación "Como era eu de pequeno"



2. MIRA COMO VAI QUEDANDO O NOSO LIBRO VIAXEIRO


3. LECTURAS COMPARTIDAS NA CLASE