jueves, 29 de diciembre de 2011

Estamos de vacacións!

Ata o próximo mes de xaneiro, estaremos de vacacións de Nadal.

Desexamos para todos nós e os nosos compañeiros e familiares unhas boas festas e un magnífico inicio de ano.

Oxalá os Reis Magos e Papá Noel sexan tan bos como nós fomos durante todo o ano!!

Deixámosvos coas imaxes da decoración navideña do colexio:

Decembro: Teatro.

Os nenos de primeiro ciclo do CEIP Virxe do Portal interpretaron, no Festival de Nadal, unha obra de teatro titulada "A Estrela de Oriente".
Nela, os anxos estaban ben preocupados porque o Garda da Estrela de Oriente quedara durmido e, entre tanto, a estrela fuxira... Sen estrela non hai Nadal, polo que, nin os Reis Magos poderían chegar ao Portal de Belén... Intentan por todos os medios espertar ao durmiñón garda pero... Non hai forma. Por fin, son as nubes, amigas das estrelas, quen solucionan o problema, chamando a pequenas estreliñas que, agrupadas, formaron unha grande estrela no ceo...


Pero non só iso: Algunhas nenas de primeiro ciclo participaron na obra de teatro de 4º, axudando aos Reis Magos a distribuír regalos... Mirade que ben o fixeron!

Decembro: Coñecendo ao Apalpabarrigas

O Apalpabarrigas é unha figura mítica galega... Contan que, no Nadal, achegábase ás camas dos nenos mentres durmían... apalpaba as súas barrigas e, se non estaban ben cheíñas, deixáballes castañas para se alimentaren.
Neste Nadal, o Apalpador chegou ao colexio para apalpar as barriguiñas dos nosos nenos. Velaquí tes as imaxes:

martes, 20 de diciembre de 2011

DECEMBRO: O Belén!

O primeiro e segundo ciclos do CEIP Virxe do Portal montamos o noso Belén no primeiro andar do cole.

Podes velo aquí:

DECEMBRO: A nosa árbore de Nadal



A nosa contribución á decoración de nadal do cole foi unha árbore creada coas nosas propias bolas na porta da nosa aula.



Podes ver que chula nos quedou aquí.




E, a continuación, podes ver o video de todo o proceso de realización:


DECEMBRO: Cine!!!!

No Nadal sempre organizamos unha saída ao cine, para festexar xuntos un día diferente... Unha especie de agasallo de Nadal...
Este ano fomos a un centro comercial na Coruña... e vimos "O gato con botas". Pasámolo en grande....
Mírao:

DECEMBRO: Día da Infancia

No mes de Decembro celébrase o Día Mundial da Infancia, para conmemoralo, no cole fixemos un mural entre os alumnos de primeiro e segundo ciclo.

Queredes velo? Aquí tedes unha imaxe...



E aquí un video de todo o proceso:


Os nosos mellores desexos para os nenos de todo o mundo e o respecto aos seus dereitos!