martes, 21 de febrero de 2012

FEBREIRO: Proxecto europeo eTwinning

A partir deste mes, e ata Maio, os nenos do primeiro ciclo de primaria participarán nun proxecto eTwinning, unha iniciativa europea que persigue o traballo colaborativo entre escolas de diferentes países. Todo o proxecto se desenvolve mediante Internet, e poderá ser consultado neste blogue, creado para tal efecto:

http://leer-ler.blogspot.com

O proxecto foi aprobado polo ITE, do Ministerio de Educación, como se pode comprobar no Selo de Proxecto que se nos concedeu, e será desenvolvido polos nosos nenos e outros alumnos portugueses da EBI 1,2,3 Francisco Ornêlas de Câmara, na Ilha Terceira, Azores.

A temática de traballo será a Lectura, procurando conseguir un alumnado con maiores competencias lectoras.

Convidámosvos a que nos sigades no blogue do proxecto.

FEBREIRO: O Entroido!!


O Entroido está aquí... ímonos divertir...


Xa, un ano máis, chegou o Entroido. Nesta ocasión o cole de Sobrado convertiuse nun espazo cheo de personaxes... de conto, do famoseo nacional, e ata internacional!

Os nenos e nenas de primeiro ciclo participamos e divertímonos. E canto!! Ademais, recibimos o premio á "Clase máis colorida". Impresionante!!!! Este preimo foi concedido por un tribunal que decidiu que os nosos disfraces ben o merecían e consistiu nun xogo de plastilina e modelado para todos.

Queres ver que ben o pasamos? Pois mira os videos:

OS NOSOS DISFRACES:



O DÍA DO ENTROIDO:

domingo, 29 de enero de 2012

Xaneiro: O día da Paz

O 30 de Xaneiro celebramos o día da Paz.

Os nenos de primeiro ciclo, facemolo de tres formas:



1. O MERCADILLO SOLIDARIO:

Como todos os nenos e profes do centro, participamos traendo e compartindo algunhas cousas nosas, coa idea de intercambiar e aproveitar (reutilizando) algún artigo que era dun amigo. Estamos felices por poder facer ese intercambio e facer algo a favor da alegría dos outros.



2. A NOSA IDEA DE PAZ:

Como todos os nenos e profes do centro, tamén, fixemos a nosa imaxe e escribimos o noso lema sobre a paz. Esas imaxes e desexos forman parte da decoración do colexio neste día tan fermoso.



3. O MURAL: AS CORES DO ARCO DA VELLA.



A partir dun conto sobre como se creou o Arco da Vella, en colaboración cos nosos compañeiros de 4º, fixemos este mural no que compartimos a lenda e pensamos sobre todo o maravilloso que nos rodea e, ás veces, esquecemos.

Xaneiro: O cumpre de Susana

Festexos varios e un montón de alegría para o día do cumpre da profe... Grazas por todos os vosos regalos e por facela tan feliz!!!

A lectura de Nadal: "El oso cansado"




Para o Nadal, os nenos do primeiro ciclo leron "El oso cansado" de Rafael Salmerón. Á volta das vacacións, traballamos sobre o libro e a fin de mes, os nenos disfrutarán dunha sesión de animación á lectura sobre o libro.

Velaquí tedes os seus traballos:


Tamén tivemos a ocasión de asistir a unha sesión de Animación á Lectura, na Biblioteca do colexio. Estas son as imaxes do día:




Os nenos de primeiro ciclo, curiosos como son, desexaron facer algunha pregunta aos protagonistas do libro... Enviamos as preguntas e aquí están as súas respostas:
Vanesa e Raquel, preguntan ao Señor Oso: Por que estás cansado?
Pois aínda que sempre mo preguntan, penso que é unha boa cuestión... O certo é que xa nacín canso... Era o pequeno dos meus irmáns e, despois de xogar, sempre quedaba tan canso que necesitaba unha sesta. Fun collendo ese costume e, agora, sempre que podo, durmo baixo dunha árbore ata que me repoño. Entendes por que me chaman "O oso cansado"?
Nuria, pregunta ao Señor Oso: Por que che gusta tanto o mel?
É a miña merenda favorita!! Tamén disfruto dunhas boas froitas, se son ben doces... pero o mel... mmmmmmm.... que rico é!

Hugo, pregunta ao Señor Pato: Gústache o mel?
Encántame o mel. Sempre que podo, pido a alguén que mo alcance, ben sabes, coas ás e o pico, é para min difícil coller mel... Nós, os animais, sempre nos axudamos para poder conseguir canto precisamos. Vós tamén vos axudades?
David, pregunta á Señora Vaca. Cando pediches o mel ao Oso, por que non o fixeches por favor?
Muuuu... canta razón tes, David! Se o fixera... tiña comido algo de mel e o meu leite sería moito, moito máis rico e alimentaría máis... Tiña que ser máis educada pero... muuuu... tiña tanta fame.... Iso sí, aprendín a lección e agora, pido todo por favor... Ti tamén o fas?

Sheila, Noelia e Saray, preguntan ao Señor Rato: Por qué fuches bo e calado?
Ola! Os ratos somos todos calados e discretos... Pasamos a vida compartindo as vivendas dos homes e doutros animais e somos por iso silenciosos e pacientes... Ademais, os meus pais sempre me ensinaron a ser educado para convivir cos outros. Sendo educado e coidando aos demais un sempre é mellor tratado e consigue máis amigos. Ese é o meu consello!

Dani, pregunta á Señora Ovella: Por que che gusta o mel?
O mel un alimento que me recorda a miña nenez... Aqueles bocatas de queixo con mel que miña nai nos preparaba ao vir do prado... Encántame o meeeeeeeeeel!

Lorena, pregunta ao Señor Pato: Por que lle ofrecías algo ao Señor Oso?
Porque penso que cando queremos algo, debemos dar algo a cambio. Eu podía dar peixe ao Oso e el podía darme o mel, que tan fácil podía coller... Pero, non fun o suficientemente educado e olvidei pedir por favor, como fan os bos amigos... O oso non quixo axudarme por iso... e ten razón.
Nerea, pregunta aos animaliños pequenos: Por que sodes tan bailaríns?

Nós somos bailaríns porque somos alegres e divertidos... encántanos bailar, cantar e xogar... e cos nosos coloríns facemos un bosque moito máis bonito...

Lara pregunta á volvoreta: Por que eres tan bonita?
Non sempre fun fermosa, de feito, nacín coma un gusaniño. Pero o tempo e a natureza fixeron que me naceran estas bonitas ás e así podo volar e colorear a paisaxe... Güstanche as miñas ás?



jueves, 29 de diciembre de 2011

Estamos de vacacións!

Ata o próximo mes de xaneiro, estaremos de vacacións de Nadal.

Desexamos para todos nós e os nosos compañeiros e familiares unhas boas festas e un magnífico inicio de ano.

Oxalá os Reis Magos e Papá Noel sexan tan bos como nós fomos durante todo o ano!!

Deixámosvos coas imaxes da decoración navideña do colexio:

Decembro: Teatro.

Os nenos de primeiro ciclo do CEIP Virxe do Portal interpretaron, no Festival de Nadal, unha obra de teatro titulada "A Estrela de Oriente".
Nela, os anxos estaban ben preocupados porque o Garda da Estrela de Oriente quedara durmido e, entre tanto, a estrela fuxira... Sen estrela non hai Nadal, polo que, nin os Reis Magos poderían chegar ao Portal de Belén... Intentan por todos os medios espertar ao durmiñón garda pero... Non hai forma. Por fin, son as nubes, amigas das estrelas, quen solucionan o problema, chamando a pequenas estreliñas que, agrupadas, formaron unha grande estrela no ceo...


Pero non só iso: Algunhas nenas de primeiro ciclo participaron na obra de teatro de 4º, axudando aos Reis Magos a distribuír regalos... Mirade que ben o fixeron!

Decembro: Coñecendo ao Apalpabarrigas

O Apalpabarrigas é unha figura mítica galega... Contan que, no Nadal, achegábase ás camas dos nenos mentres durmían... apalpaba as súas barrigas e, se non estaban ben cheíñas, deixáballes castañas para se alimentaren.
Neste Nadal, o Apalpador chegou ao colexio para apalpar as barriguiñas dos nosos nenos. Velaquí tes as imaxes:

martes, 20 de diciembre de 2011

DECEMBRO: O Belén!

O primeiro e segundo ciclos do CEIP Virxe do Portal montamos o noso Belén no primeiro andar do cole.

Podes velo aquí:

DECEMBRO: A nosa árbore de Nadal



A nosa contribución á decoración de nadal do cole foi unha árbore creada coas nosas propias bolas na porta da nosa aula.



Podes ver que chula nos quedou aquí.




E, a continuación, podes ver o video de todo o proceso de realización: