domingo, 13 de mayo de 2012

17 DE MAIO: DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O 17 de Maio é un día grande para os galegos, pois é o día das nosas letras. Este ano, o homenaxeado é Valentín Paz Andrade, escritor en galego e castelán. Foi abogado, e activo loitador dos dereitos galeguistas, incluíndo a dirección dun xornal desta ideoloxía. Moi coñecida foi tamén a súa faceta empresarial, pois foi impulsor de industrias pesqueiras do calado de Pescanova e asesor de economía pesqueira. A súa paixón pola democracia levouno a participar en comicios como resultado dos cales saíu Senador por Pontevedra en 1977.
Escribiu ensaios de corte político e social, ensaios técnicos sobre pesca e economía pesqueira e poesía. Foi, tamén, xornalista en diferentes xornais e revistas.


Como celebramos nós o 17 de Maio:

Luns 14 de Maio: Día adicado a coñecer ao autor:
Quen foi o autor, lectura de algunha das súas poesías, traballo sobre fichas
1. Buscando información:


2. Procesando información: O caderniño do primeiro ciclo

Open publication - Free publishing - More educacion

3. Mira o video e coñecerás un pouco mellor a Valentín Paz Andrade



Martes 15 de Maio: De paseo pola escola, buscando a Valentín

Mércores 16 de Maio:
Participación nas actividades da escola

CONTACONTOS: Participación activa nos contos: "O patiño feo", "O xastre valente" e "Os tres porquiños"

MAIO: AO ACUARIO!!

O día 7 de Maio fomos de viaxe ao Acuario, na Coruña. Foi un día intenso, de descubrimentos e diversións.


Aprendimos moito sobre os peixes e vimos imaxes preciosas, que aquí compartimos convosco.


Xa no cole, vimos "Buscando a Nemo" e traballamos sobre especies e formas de vida que coincidían na peli e no que aprendimos na visita.

Estes son os vídeos da saída:
Nós no Acuario

Os peixes do Acuario
 
Estes son os traballos da saída:
Visionado da película "Buscando a Nemo"


Cuestionario da película


Mural de Nemo.

martes, 8 de mayo de 2012

MAIO: DÍA DA NAI

Os alumnos de primeiro ciclo elaboraron caderniños con follas reutilizadas para regalar ás súas nais no día de conmemoración. Estes cadernos levaban unha portada decorada a man e estaban encadernados polos propios nenos, como podes ver no video.
Parabéns polo ben que quedaron e... por aprender a facer fermoso o coidado ao medio ambiente.

MAIO: REMATADA A DECORACIÓN PRIMAVERAL

Así decidimos recibir e vivir esta estación alegre... Aínda que tras da xanela haxa chuvia, nós temos a cor e a alegría da primavera na clase.
Os traballos dos nenos coas profes quedou ben interesante:


domingo, 22 de abril de 2012

ABRIL: Lectura das vacacións


Durante as vacacións de Semana Santa, os nenos do primeiro ciclo, limos "Tucho Despistes". É un libro en poesía moi chulo que nos conta o que lle pasa a Tucho, un neno moi, moi despistado.

Á volta das vacacións, temos que traballalo na clase e, para iso facemos todas estas actividades:


1. O MURAL DE TUCHO DESPISTES

O proceso de creación



sábado, 21 de abril de 2012

ABRIL: DÍA 23, DÍA DO LIBRO

Este ano, o Día do Libro será especial para nós, porque iniciaremos a creación do Libro Viaxeiro da nosa Infancia.

Esta actividade, que compartiremos cos nosos compañeiros portugueses no proxecto eTwinning (ver blogue), consistirá no seguinte:

Creamos unha carpeta que viaxará por cada unha das nosas casas, alí, cada familia, contará nun folio quen era seu fillo de pequeniño, como era e, especialmente, o que significaba para eles a súa presencia.

Con todas as follas, de todas as familias, encadernaremos un libro, ao final, que será o libro da nosa infancia.

Perseguimos constituír a nosa personalidade dentro do grupo, ser quen de nos coñecer individual e grupalmente... e tamén, como non, incluír as familias neste pequeno proxecto de educación integral.

Aquí iremos incluíndo todas as novidades:

1. ACTIVIDADE INICIAL: Redación "Como era eu de pequeno"



2. MIRA COMO VAI QUEDANDO O NOSO LIBRO VIAXEIRO


3. LECTURAS COMPARTIDAS NA CLASE

martes, 17 de abril de 2012

ABRIL: CONTOS PARA TODOS

Ás veces, queremos encontrar un conto que nos sirva a un interese concreto. Na rede hai suficientes recursos. Para encontralos fácilmente, deixo aquí para as familias, unha batería de contos clasificados segundo temáticas e suportes diferenciados.


Espero que vos sexan de axuda para ler cos vosos nenos.



domingo, 15 de abril de 2012

ABRIL: CREAR UN CONTO

Levamos un tempo coa lectura e escritura creativa. Este mapa sírvenos para recordar os elementos necesarios para inventar un conto.
Cun clic na icona do último tópico accedes ao "conto de exemplo".

lunes, 2 de abril de 2012

MARZO: Van Gogh e o primeiro ciclo




Na clase de plástica, coa axuda da profe Eva, os nenos de primeiro ciclo versionaron un famoso cadro de Van Gogh "Habitación en Arles".


A descrición da tarefa, xunto cos motivos que nos levaron a elixir a Van Gogh, está nesta presentación:



Aquí podes ver o vídeo dos resultados: