Este ano, o Día do Libro será especial para nós, porque iniciaremos a creación do
Libro Viaxeiro da nosa Infancia.
Esta actividade, que compartiremos cos nosos compañeiros portugueses no
proxecto eTwinning (
ver blogue), consistirá no seguinte:
Creamos unha carpeta que viaxará por cada unha das nosas casas, alí, cada familia, contará nun folio quen era seu fillo de pequeniño, como era e, especialmente, o que significaba para eles a súa presencia.
Con todas as follas, de todas as familias, encadernaremos un libro, ao final, que será o libro da nosa infancia.
Perseguimos constituír a nosa personalidade dentro do grupo, ser quen de nos coñecer individual e grupalmente... e tamén, como non,
incluír as familias neste pequeno proxecto de educación integral.
Aquí iremos incluíndo todas as novidades:
1. ACTIVIDADE INICIAL: Redación "Como era eu de pequeno"
2. MIRA COMO VAI QUEDANDO O NOSO LIBRO VIAXEIRO
3. LECTURAS COMPARTIDAS NA CLASE