Esta vez, coa axuda doutros nenos, fixemos un percorrido polo colexio. Tratábase de "explorar" a nosa rede eléctrica: barras fluorescentes, número de enchufes, aparellos eléctricos utilizados...
Foi interesante e serviunos para comprobar cómo nos movemos cun plano do colexio nas mans e tamén para situar nel o que na realidade vemos.
Despois fixemos un gráfico estatístico para recoller toda a información.
Blogue creado para recoller as experiencias educativas do primeiro ciclo de Primaria
miércoles, 6 de junio de 2012
MAIO: A MEDIRSE TOCAN!
Que altos somos!
Esta semana estivemos a medirnos e a facer un estudo estatístico das nosas estaturas.
Foi divertido!
De aquí a fin de curso veremos se podemos cambiar a nosa marca. Haberá que alimentarse ben!
Esta semana estivemos a medirnos e a facer un estudo estatístico das nosas estaturas.
Foi divertido!
De aquí a fin de curso veremos se podemos cambiar a nosa marca. Haberá que alimentarse ben!
jueves, 17 de mayo de 2012
MAIO: XOGOS COOPERATIVOS
No mes de maio, os nenos de primeiro ciclo xunto cos de Infantil participamos nunha sesión de Xogos Cooperativos organizada no Colexio.
Aprendimos a xogar e pintar colaborando, en experiencias nas que ninguén perde e todos gañamos só se axudamos e participamos.
Foi divertido.
Os murais que aparecen no video foron creados entre todos, por quendas. Quedaron ben bonitos!!

martes, 15 de mayo de 2012
MAIO: IDENTIFICANDO ÁRBORES
Os nenos do primeiro ciclo saímos a identificar as árbores que nos quedaban máis perto da escola. O traballo consistiu no seguinte:
Temos tres tipos de árbores dentro ou perto do recinto escolar. Dispoñemos de fichas de 5 tipos de árbore, entre as que se encontran os tres que imos identificar.
Temos que ler moi ben a guía e, a partir desa lectura e por observación, descubrir de que árbores se trata.

GUÍA DE OBSERVACIÓN:
RESULTADO DA IDENTIFICACIÓN:
IMAXES DO PROCESO:
domingo, 13 de mayo de 2012
17 DE MAIO: DÍA DAS LETRAS GALEGAS
O 17 de Maio é un día grande para os galegos, pois é o día das nosas letras. Este ano, o homenaxeado é Valentín Paz Andrade, escritor en galego e castelán. Foi abogado, e activo loitador dos dereitos galeguistas, incluíndo a dirección dun xornal desta ideoloxía. Moi coñecida foi tamén a súa faceta empresarial, pois foi impulsor de industrias pesqueiras do calado de Pescanova e asesor de economía pesqueira. A súa paixón pola democracia levouno a participar en comicios como resultado dos cales saíu Senador por Pontevedra en 1977.
Escribiu ensaios de corte político e social, ensaios técnicos sobre pesca e economía pesqueira e poesía. Foi, tamén, xornalista en diferentes xornais e revistas.
Como celebramos nós o 17 de Maio:
Luns 14 de Maio: Día adicado a coñecer ao autor:
Quen foi o autor, lectura de algunha das súas poesías, traballo sobre fichas
1. Buscando información:
1. Buscando información:
2. Procesando información: O caderniño do primeiro ciclo
Open publication - Free publishing - More educacion
3. Mira o video e coñecerás un pouco mellor a Valentín Paz Andrade
3. Mira o video e coñecerás un pouco mellor a Valentín Paz Andrade
Martes 15 de Maio: De paseo pola escola, buscando a Valentín
Mércores 16 de Maio:
Participación nas actividades da escola
CONTACONTOS: Participación activa nos contos: "O patiño feo", "O xastre valente" e "Os tres porquiños"
MAIO: AO ACUARIO!!
O día 7 de Maio fomos de viaxe ao Acuario, na Coruña. Foi un día intenso, de descubrimentos e diversións.
Aprendimos moito sobre os peixes e vimos imaxes preciosas, que aquí compartimos convosco.
Xa no cole, vimos "Buscando a Nemo" e traballamos sobre especies e formas de vida que coincidían na peli e no que aprendimos na visita.
Cuestionario da película
Mural de Nemo.

Estes son os vídeos da saída:
Nós no Acuario
Nós no Acuario
Cuestionario da película
Mural de Nemo.
martes, 8 de mayo de 2012
MAIO: DÍA DA NAI
Os alumnos de primeiro ciclo elaboraron caderniños con follas reutilizadas para regalar ás súas nais no día de conmemoración. Estes cadernos levaban unha portada decorada a man e estaban encadernados polos propios nenos, como podes ver no video.
Parabéns polo ben que quedaron e... por aprender a facer fermoso o coidado ao medio ambiente.
Parabéns polo ben que quedaron e... por aprender a facer fermoso o coidado ao medio ambiente.
MAIO: REMATADA A DECORACIÓN PRIMAVERAL
Así decidimos recibir e vivir esta estación alegre... Aínda que tras da xanela haxa chuvia, nós temos a cor e a alegría da primavera na clase.
Os traballos dos nenos coas profes quedou ben interesante:
Os traballos dos nenos coas profes quedou ben interesante:
domingo, 22 de abril de 2012
ABRIL: Lectura das vacacións
sábado, 21 de abril de 2012
ABRIL: DÍA 23, DÍA DO LIBRO
Este ano, o Día do Libro será especial para nós, porque iniciaremos a creación do Libro Viaxeiro da nosa Infancia.
Esta actividade, que compartiremos cos nosos compañeiros portugueses no proxecto eTwinning (ver blogue), consistirá no seguinte:
Creamos unha carpeta que viaxará por cada unha das nosas casas, alí, cada familia, contará nun folio quen era seu fillo de pequeniño, como era e, especialmente, o que significaba para eles a súa presencia.
Con todas as follas, de todas as familias, encadernaremos un libro, ao final, que será o libro da nosa infancia.
Perseguimos constituír a nosa personalidade dentro do grupo, ser quen de nos coñecer individual e grupalmente... e tamén, como non, incluír as familias neste pequeno proxecto de educación integral.
Aquí iremos incluíndo todas as novidades:

1. ACTIVIDADE INICIAL: Redación "Como era eu de pequeno"
2. MIRA COMO VAI QUEDANDO O NOSO LIBRO VIAXEIRO
3. LECTURAS COMPARTIDAS NA CLASE
2. MIRA COMO VAI QUEDANDO O NOSO LIBRO VIAXEIRO
3. LECTURAS COMPARTIDAS NA CLASE
martes, 17 de abril de 2012
ABRIL: CONTOS PARA TODOS
Ás veces, queremos encontrar un conto que nos sirva a un interese concreto. Na rede hai suficientes recursos. Para encontralos fácilmente, deixo aquí para as familias, unha batería de contos clasificados segundo temáticas e suportes diferenciados.
Espero que vos sexan de axuda para ler cos vosos nenos.
domingo, 15 de abril de 2012
ABRIL: CREAR UN CONTO
Levamos un tempo coa lectura e escritura creativa. Este mapa sírvenos para recordar os elementos necesarios para inventar un conto.
Cun clic na icona do último tópico accedes ao "conto de exemplo".
Cun clic na icona do último tópico accedes ao "conto de exemplo".
martes, 3 de abril de 2012
lunes, 2 de abril de 2012
MARZO: Van Gogh e o primeiro ciclo
martes, 27 de marzo de 2012
MARZO: FELIZ DÍA DO PAI!
Quixemos celebrar o día do pai... por iso, elaboramos, coa axuda da Profe Eva, unhas postais para as nosas familias, que entregamos no 19 de marzo.
Esperamos que foran unha boa sorpresa na casa!
Esperamos que foran unha boa sorpresa na casa!
Mirade que chusqueiras!
A voz de Brenda le un poema extraído da páxina web "Menudos Peques"
lunes, 19 de marzo de 2012
FACEMOS UN CURTO?
Iniciamos hoxe unha nova experiencia. Imos facer un curto en varios capítulos. A partir deste, que é o inicial, os nenos de primeiro ciclo irán desenvolvendo unha historia... que ten lugar en... vaia... que planeta tan raro!!!
Mirade isto... e iremos colocando os seguintes capítulos aquí...
Mirade isto... e iremos colocando os seguintes capítulos aquí...
Capítulo 1 (19/03/2012)
GoAnimate.com: Cooidando o Planeta (1) by susana.guitirizlunes, 12 de marzo de 2012
ÚLTIMAS NOVAS
SER PROFESOR HOXE

SER PROFESORA HOXE
Sobre como enfrontar unha tarefa de formación permanente...
Sobre como enfrontar unha tarefa de formación permanente...
Era unha tarde de luns... tranquila... Logo da xornada laboral, tiña que superar unha proba escrita para un curso que estaba a facer... Pero... Crash!...Sentín un tremendo estrondo... Os pelos da miña cabeza convertéronse en verdadeiros alfinetes... Á defensiva!...
Escaleiras arriba non sabía, xa, se a miña tarde de formación continuada como profesora era acorde con aqueloutro espíritu aventureiro que me levaba, lonxe dos libros, a vivir experiencias terroríficas...
E alá ía eu... calzada coas zapatillas silenciosas e todo o medo do mundo escondido no valor que dá a imprudencia.
Na porta do faiado, cravada cunha chincheta, estaba aquela nota:
Abrín a porta, a nota era claramente para min... Non pisou a miña casa mestre ningún, agás eu, nas últimas seis xeracións, e alí... alí estaba aquel pote a ferver... arrodeado de frascos cheos de...
Collín seis culleradas de palabras explicativas, engadinas con coidado a aquel férv
elle – férvelle. Inspirada polo sopro no vaso de raso, elexín o frasco da imaxinación concentrada e botei un bo pelisco que fixo, do momento, un pracer aromático. Na percura dunha solución máis espesa, mesturei boas cantidades de soños a cumprir, flores secas dos desexos e un par de patas de ra que quedaban nos andeis. Aquel caldo arrecendía que daba gloria!
Deixeino ferver un pouco máis, engadindo, agora, un chorriño de paciencia e un bo grolo dun líquido verde que rezaba nunha botella así “Esperanza de ser comprendido”.
Eses dous ingredientes, en combinación co paso de 5 minutos de cocción lenta e xiros de 360º, a modiño, da miña culler de madeira, der
on nun alimento arrecendente e nutritivo, cun aspecto semellante en aroma, cor e textura ás natillas da miña avoa... e, tamén, como non, a esta mostra imaxinativa que traducín en palabras e que, como di a canción, “só lograrán ser debuxo inexacto” (Presuntos implicados, “No hay palabras” ) do que na tardiña do luns aconteceu cando subín ao faiado.
(1) ENDE, M (1989): El ponche de los deseos. SM. Madrid. (p. 136)
(2) Sitio web al que pertenece esta imagen: Diario de una mamá pediatra.
Escaleiras arriba non sabía, xa, se a miña tarde de formación continuada como profesora era acorde con aqueloutro espíritu aventureiro que me levaba, lonxe dos libros, a vivir experiencias terroríficas...
E alá ía eu... calzada coas zapatillas silenciosas e todo o medo do mundo escondido no valor que dá a imprudencia.
Na porta do faiado, cravada cunha chincheta, estaba aquela nota:
“Si sois un maestro,
tomad un cabestro
diestro como el que más.
Soplad en un vaso
de raso y de paso.
¡Qué paso tan infernal!”
Michael Ende “El ponche de los deseos” (1)
tomad un cabestro
diestro como el que más.
Soplad en un vaso
de raso y de paso.
¡Qué paso tan infernal!”
Michael Ende “El ponche de los deseos” (1)
Abrín a porta, a nota era claramente para min... Non pisou a miña casa mestre ningún, agás eu, nas últimas seis xeracións, e alí... alí estaba aquel pote a ferver... arrodeado de frascos cheos de...
Collín seis culleradas de palabras explicativas, engadinas con coidado a aquel férv

Deixeino ferver un pouco máis, engadindo, agora, un chorriño de paciencia e un bo grolo dun líquido verde que rezaba nunha botella así “Esperanza de ser comprendido”.
Eses dous ingredientes, en combinación co paso de 5 minutos de cocción lenta e xiros de 360º, a modiño, da miña culler de madeira, der

(1) ENDE, M (1989): El ponche de los deseos. SM. Madrid. (p. 136)
(2) Sitio web al que pertenece esta imagen: Diario de una mamá pediatra.
domingo, 11 de marzo de 2012
MARZO: AO TEATRO
O día 7 de Marzo viaxamos ata o Colexio de Cesuras para ver alí unha obra de teatro en inglés. A actividade foi para todos os nenos de primaria.
A obra de teatro titulábase Mulan e... ben, xa sabedes de que ía...
Días antes, a profe de inglés estivo traballando connosco todo o vocabulario, as cancións e o argumento... así que... entendimos todo!!
Mirade que divertida foi:

domingo, 4 de marzo de 2012
MARZO: CUMPREANOS
MARZO: Animación á lectura
A Biblioteca do cole organizou unha sesión de contacontos xunto coa Editorial Kalandraka.
Todos os nenos disfrutamos dunha sesión de contos, música e risos. FOi divertidísimo!
Mirade as imaxes do día:
Todos os nenos disfrutamos dunha sesión de contos, música e risos. FOi divertidísimo!
Mirade as imaxes do día:
martes, 21 de febrero de 2012
FEBREIRO: Proxecto europeo eTwinning
A partir deste mes, e ata Maio, os nenos do primeiro ciclo de primaria participarán nun proxecto eTwinning, unha iniciativa europea que persigue o traballo colaborativo entre escolas de diferentes países. Todo o proxecto se desenvolve mediante Internet, e poderá ser consultado neste blogue, creado para tal efecto:
http://leer-ler.blogspot.com
O proxecto foi aprobado polo ITE, do Ministerio de Educación, como se pode comprobar no Selo de Proxecto que se nos concedeu, e será desenvolvido polos nosos nenos e outros alumnos portugueses da EBI 1,2,3 Francisco Ornêlas de Câmara, na Ilha Terceira, Azores.
A temática de traballo será a Lectura, procurando conseguir un alumnado con maiores competencias lectoras.
Convidámosvos a que nos sigades no blogue do proxecto.
FEBREIRO: O Entroido!!

O Entroido está aquí... ímonos divertir...
Xa, un ano máis, chegou o Entroido. Nesta ocasión o cole de Sobrado convertiuse nun espazo cheo de personaxes... de conto, do famoseo nacional, e ata internacional!
Xa, un ano máis, chegou o Entroido. Nesta ocasión o cole de Sobrado convertiuse nun espazo cheo de personaxes... de conto, do famoseo nacional, e ata internacional!
Os nenos e nenas de primeiro ciclo participamos e divertímonos. E canto!! Ademais, recibimos o premio á "Clase máis colorida". Impresionante!!!! Este preimo foi concedido por un tribunal que decidiu que os nosos disfraces ben o merecían e consistiu nun xogo de plastilina e modelado para todos.
Queres ver que ben o pasamos? Pois mira os videos:
OS NOSOS DISFRACES:
O DÍA DO ENTROIDO:
OS NOSOS DISFRACES:
O DÍA DO ENTROIDO:
domingo, 29 de enero de 2012
Xaneiro: O día da Paz
O 30 de Xaneiro celebramos o día da Paz.
Os nenos de primeiro ciclo, facemolo de tres formas:
Como todos os nenos e profes do centro, participamos traendo e compartindo algunhas cousas nosas, coa idea de intercambiar e aproveitar (reutilizando) algún artigo que era dun amigo. Estamos felices por poder facer ese intercambio e facer algo a favor da alegría dos outros.
Como todos os nenos e profes do centro, tamén, fixemos a nosa imaxe e escribimos o noso lema sobre a paz. Esas imaxes e desexos forman parte da decoración do colexio neste día tan fermoso.
Os nenos de primeiro ciclo, facemolo de tres formas:
1. O MERCADILLO SOLIDARIO:
Como todos os nenos e profes do centro, participamos traendo e compartindo algunhas cousas nosas, coa idea de intercambiar e aproveitar (reutilizando) algún artigo que era dun amigo. Estamos felices por poder facer ese intercambio e facer algo a favor da alegría dos outros.
2. A NOSA IDEA DE PAZ:
Como todos os nenos e profes do centro, tamén, fixemos a nosa imaxe e escribimos o noso lema sobre a paz. Esas imaxes e desexos forman parte da decoración do colexio neste día tan fermoso.
3. O MURAL: AS CORES DO ARCO DA VELLA.
A partir dun conto sobre como se creou o Arco da Vella, en colaboración cos nosos compañeiros de 4º, fixemos este mural no que compartimos a lenda e pensamos sobre todo o maravilloso que nos rodea e, ás veces, esquecemos.
Xaneiro: O cumpre de Susana
Festexos varios e un montón de alegría para o día do cumpre da profe... Grazas por todos os vosos regalos e por facela tan feliz!!!
A lectura de Nadal: "El oso cansado"

Para o Nadal, os nenos do primeiro ciclo leron "El oso cansado" de Rafael Salmerón. Á volta das vacacións, traballamos sobre o libro e a fin de mes, os nenos disfrutarán dunha sesión de animación á lectura sobre o libro.
Velaquí tedes os seus traballos:
Tamén tivemos a ocasión de asistir a unha sesión de Animación á Lectura, na Biblioteca do colexio. Estas son as imaxes do día:
Os nenos de primeiro ciclo, curiosos como son, desexaron facer algunha pregunta aos protagonistas do libro... Enviamos as preguntas e aquí están as súas respostas:
Vanesa e Raquel, preguntan ao Señor Oso: Por que estás cansado?
Pois aínda que sempre mo preguntan, penso que é unha boa cuestión... O certo é que xa nacín canso... Era o pequeno dos meus irmáns e, despois de xogar, sempre quedaba tan canso que necesitaba unha sesta. Fun collendo ese costume e, agora, sempre que podo, durmo baixo dunha árbore ata que me repoño. Entendes por que me chaman "O oso cansado"?
Nuria, pregunta ao Señor Oso: Por que che gusta tanto o mel?É a miña merenda favorita!! Tamén disfruto dunhas boas froitas, se son ben doces... pero o mel... mmmmmmm.... que rico é!
Hugo, pregunta ao Señor Pato: Gústache o mel?Encántame o mel. Sempre que podo, pido a alguén que mo alcance, ben sabes, coas ás e o pico, é para min difícil coller mel... Nós, os animais, sempre nos axudamos para poder conseguir canto precisamos. Vós tamén vos axudades?
David, pregunta á Señora Vaca. Cando pediches o mel ao Oso, por que non o fixeches por favor?Muuuu... canta razón tes, David! Se o fixera... tiña comido algo de mel e o meu leite sería moito, moito máis rico e alimentaría máis... Tiña que ser máis educada pero... muuuu... tiña tanta fame.... Iso sí, aprendín a lección e agora, pido todo por favor... Ti tamén o fas?
Sheila, Noelia e Saray, preguntan ao Señor Rato: Por qué fuches bo e calado?Ola! Os ratos somos todos calados e discretos... Pasamos a vida compartindo as vivendas dos homes e doutros animais e somos por iso silenciosos e pacientes... Ademais, os meus pais sempre me ensinaron a ser educado para convivir cos outros. Sendo educado e coidando aos demais un sempre é mellor tratado e consigue máis amigos. Ese é o meu consello!
Dani, pregunta á Señora Ovella: Por que che gusta o mel?O mel un alimento que me recorda a miña nenez... Aqueles bocatas de queixo con mel que miña nai nos preparaba ao vir do prado... Encántame o meeeeeeeeeel!
Lorena, pregunta ao Señor Pato: Por que lle ofrecías algo ao Señor Oso?Porque penso que cando queremos algo, debemos dar algo a cambio. Eu podía dar peixe ao Oso e el podía darme o mel, que tan fácil podía coller... Pero, non fun o suficientemente educado e olvidei pedir por favor, como fan os bos amigos... O oso non quixo axudarme por iso... e ten razón.
Nerea, pregunta aos animaliños pequenos: Por que sodes tan bailaríns?Nós somos bailaríns porque somos alegres e divertidos... encántanos bailar, cantar e xogar... e cos nosos coloríns facemos un bosque moito máis bonito...
Lara pregunta á volvoreta: Por que eres tan bonita?Non sempre fun fermosa, de feito, nacín coma un gusaniño. Pero o tempo e a natureza fixeron que me naceran estas bonitas ás e así podo volar e colorear a paisaxe... Güstanche as miñas ás?
Suscribirse a:
Entradas (Atom)